jueves, 26 de octubre de 2017

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta


Que marabilla adentrarse de novo noutro mundo imaxinario creado por Ledicia Costas. E este mundo imaxinado non é o Vigo do principios de século, o cal aínda podemos percorrer e recoñecer a través das súas páxinas, senón o que marca o encontro de Violeta, unha nena orfa que vive cos seus avós nunha botica da rúa Misericordia, con todo un persoeiro da literatura mundial: Jules Verne. E que é o que ven facer o escritor nunha rúa medio escondida de Vigo?. Pois nada máis e nada menos que tratar de verificar a existencia por todo o mundo dunha raza especial de mulleres que a través de xeracións foron legando o seu poder de transformarse en seres vexetais ao chegar á certa idade e dunha fraga misteriosa onde van descansar ao final da súa vida.
Misterio, amizade, tecnoloxía, un chisco de amor, aventura e moito mais nesta historia que foi galardoada co premio Lazarillo de Creación Literaria no ano 2015 e seleccionada para a prestixiosa lista White Ravens 2017.

Para levar a novela ás aulas: 

No hay comentarios: