lunes, 23 de octubre de 2017

Día da biblioteca

Pregón polo escritor Alejandro Palomas
Ilustración de Manuel Marsol

O 24 de outubro celebramos  o Día de las bibliotecas e na nosa comezamos, nos dous recreos, unha semana dedicada á literatura do terror con obradoiros de marca páxinas e decoración para o Samaín,  aberta á todos os cursos. As sesións rematarán con lecturas en voz alta dalgúns dos relatos máis arrepiantes e proxección de curtas. Desde hoxe poden levarse prestados todos os libros e películas que  seleccionamos sobre este xénero, das que damos mostra neste taboleiro de Pinterest.
Cos grupos de 1º ESO, leremos o pregón de Alejandro Palomas e falarán sobre o seu primeiro recordo de biblioteca. Despois, faremos unha escolma de albumes ilustrados e libros con imaxes para realizar unha sesión de bookjockey que logo mostrarémosvos na canle da biblioteca en Youtube.
Tamén está aberta a participación na proposta do Observatorio de la Lectura y el Libro dende o día 17 para a que xa quedou retratado algún grupo do club de lectura.

No hay comentarios: